O ALCALDE DE MUGARDOS E A DELEGADA DA XUNTA DE GALICIA VISITARON ONTE OS OBRADOIROS DE EMPREGO REINICIA X EN FRANZA
A delegada da Xunta de Galicia e o alcalde de Mugardos, Martina Aneiros Barros e Domingo de Deus, visitaron onte pola mañá os obradoiros de emprego dual Reinicia X nas aulas de formación do Francisco Vizoso de Franza.
Este obradoiro dual, promovido polos Concellos de Mugardos, Fene y Ares, conta cunha inversión da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de máis de 531.000 euros. A iniciativa se imparte nas modalidades de carpintaría e moble e atención sociosanitaria ás persoas dependentes nas institucións.
Estos obradoiros permiten a formación especializada do alumnado ademáis de ofrecerlles un contrato de traballo durante todo o ano de formación, cunha tasa de empregabilidade moi alta ao finalizar.
O obradoiro Reinicia X iniciouse o pasado decembro e ten unha duración de 12 meses. É un dos obradoiros concedidos pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración na área territorial e conta cunha inversión autonómica de 531.046 euros.
Na visita estiveron tamén representantes dos Concellos de Ares e Fene.