Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Novo Dossier didáctico 2021-2022: Arranca a tempada dos centros educativos en Caldoval

Xa tedes dispoñible na sección de descargas da páxina web do Centro de Interpretación de Caldoval o novo dossier didático onde podedes obter información sobre a oferta de visitas guiadas, obradoiros e actividades das que dispoñen no centro para o curso 2021-2022.

Se es un centro educativo, non agardes máis. Vota un ollo á nova programación e ponte en contacto a través do número de teléfono 687 072 116 en horario de apertura do centro ou enviando un correo electrónico a info@museocaldoval.gal para reservar e planificar a vosa visita personalizada.

Back to top