Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

NOVEMBRO DE TEATRO EN MUGARDOS

O ciclo teatral dará comezo o próximo sábado día 5 de novembro e extenderase durante todo o mes

27 DE OUTUBRO DE 2022. O Concello de Mugardos presentou hoxe, en colaboración co Casino Mugardés e coa organización de Max Teatro e a Federación Galega de Teatro Amador (Fegatea), o circuito de teatro Amador 2022 na vila mugardesa, que arrinca o 5 de novembro.

Á presentación acudiron a concelleira de Cultura Begoña Roldós, Manuel López presidente do Casino Mugardés, Tuti Bastida de Max Teatro e o alcalde Juan Domingo de Deus, que destacaron o feito de que durante todo o mes de novembro, haberá actuacións de grupos de Ferrolterra, Lugo, Pontevedra e un grupo invitado de Asturias.

O Círculo Galego de Teatro Amador 2022 comeza o sábado 5 de novembro coa obra de Achádego Teatro “Nadal na casa do Lamelo”, unha farsa en tres actos que afonda nas relacións humanas e xoga cos típicos conflitos familiares, en resumo, unha reflexión divertida e profunda sobre a importancia da familia.

O domingo 6 de novembro a Asociación Cultural Teatro RemocicArte, compañía asturiana de Puerto de Vega interpretará a obra “El crédito” de Jordi Galcerán, na que se conta a historia dun home que, de forma honrada, pretende conseguir un crédito bancario sen máis aval que a súa palabra. Ante a negativa do director da sucursal, desencadéase un conflito dialétcito e moral no que cada un de tentará conseguir o seu obxectivo nunha crítica social mordaz e moi divertida.

A Asociación Cultural e Teatral Pedroso chega a Mugardos o 12 de novembro coa súa obra “Nin o demo entende ás mulleres”, e o 19 Atrezo Teatro, compañía viguesa, escenificará “Que familia!” unha comedia social para toda a familia.

 A última obra que porá en escea o ciclo de teatro Amador neste ano 2022 será “Rutinas” de Max Teatro. Un espectáculo no que a vida dun matrimonio xira a voltas con as rutinas e a pesar de todo, conseguen chegar a velliños.

Todas as representacións serán de balde, no Casino Mugardés ás 19.00 horas.

Back to top