MUGARDOS REFORZA OS SERVIZOS SOCIAIS TRAMITANDO A COBERTURA DUNHA PRAZA PARA O SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR
O Concello de Mugardos continúa traballando na mellora dos servizos de atención social co obxectivo de garantir unha asistencia máis eficaz e próxima a quen máis o necesitan. Neste marco, está a tramitarse a contratación dunha praza para o Servizo de Axuda no Fogar (SAF), reforzando así a atención directa ás persoas e familias do municipio.
A concelleira de Benestar, Dna. Patricia Ruiz de Azcárate, destacou o compromiso do goberno municipal coa cidadanía. “O noso obxectivo é estar envorcados nas persoas, ofrecendo recursos que faciliten a súa vida diaria e que apoien a quen necesita atención e acompañamento. A convocatoria desta praza e o reforzo do Servizo de Axuda no Fogar son pasos importantes para mellorar a calidade do servizo e a atención ás familias”, sinalou a edil.
O Concello de Mugardos reafirma o seu compromiso coa atención social, garantindo que os recursos e servizos adáptense ás necesidades reais da poboación e contribúan ao benestar de toda a comunidade.