Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

MUGARDOS PREPÁRASE PARA A SÚA VINDEIRA EDICIÓN DO FESTIVAL ‘MUDANZAS’

A 6ª edición do Festival de Danza de Mugardos consolídase coma un dos festivais multidisciplinares máis importantes de toda Galicia

A concelleira de Cultura, Begoña Roldós, presentou o cartel da nova edición de Mudanzas na que, ademais, terá lugar o primeiro concurso nacional de Hip Hop. Ata un total de 7 profesores realizarán diversos obradoiros sobre diferentes especialidades de Danza, Hip Hop, Danza Caribe, Contemporánea, Tradicional ou Standard-Latino, entre outras modalidades, onde os inscritos poderán gozar e aprender xunto cos mellores profesionais da danza.  

“Ademais de estupendas xornadas de formación de baile, poderemos gozar da Latin Night Party, onde tanto o alumnado como o público en xeral poderán gozar de ritmos caribeños e pasar unha agradable noite”, explicou a concelleira.

Como novidade desta 6ª edición, terá lugar o I Concurso Nacional de Hip Hop, competición incluída no circuíto Hip Hop Galician Dance Tour, onde 4 cidades galegas acollerán unha destas probas válidas para o ranking nacional, e como non podería ser doutro xeito, Mugardos, xunto co seu festival Mudanzas Dance, acollerá esta proba. “Este é un salto máis na organización deste evento que estamos seguros de cumprir coas expectativas que esperan todos os mugardeses” concluíu Roldós.

Back to top