Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

MUGARDOS IMPULSA AS SÚAS POLÍTICAS PARA OS MÁIS NOVOS NUN ENCONTRO DE TRABALLO COA DIRECTORA XERAL DE XUVENTUDE

Á reunión acudiron o alcalde Juan Domingo de Deus e a concelleira de Xuventude Begoña Roldós

24 DE OUTUBRO DE 2022. Juan Domingo de Deus e Begoña Roldós acudiron hoxe á Consellería de Política Social para manter un encontro coa Directora Xeral de Xuventude Cristina Pichel. Na reunión falouse da necesidade de desenvolver en Mugardos máis programas formativos, de ocio e crecemento persoal adaptados ás necesidades os máis novos.

De Deus sinalou a súa satisfacción logo do encontro mantido na Xunta “Pola nosa experiencia, cando as dúas administracións sumamos esforzos e medios o resultado é moi positivo e unha vez máis, estamos contentos pola boa acollida das nosas propostas, que esperamos se concreten pronto en programas de traballo e actividades”.

Pola súa banda, Begoña Roldós manifestou que desde o goberno municipal platexáronse propostas de participación en programas de voluntariado, actividades formativas dirixidas específicamente á mocidade que reforcen á empregabilidade e á dinamización cultural “Seguimos traballando para lograr que a xuventude mugardesa poida obter da administración os recursos que necesita para obter coñecementos e experiencias que os preparen para o futuro”.

Back to top