Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

MUGARDOS APROBA DÚAS NOVAS PRAZAS NA OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO MUNICIPAL 2022

O concelleiro de Persoal aprobou as prazas de incorporación de persoal de novo ingreso por resolución logo da súa negociación cos sindicatos

O concelleiro de Persoal, José Miguel Mahía, aprobou mediante resolución a Oferta Pública de Emprego 2022 do Concello de Mugardos na que se convoca unha praza de administrativo de libre acceso para funcionarios de carreira, e unha praza de limpador/a de edificios municipais de persoal fixo, tamén de libre acceso.

Con data 15 de decembro deste mesmo ano, deuse inicio formalmente á tramitación da oferta de emprego público correspondente ao exercicio 2022, mediante providencia do concelleiro, coa documentación xustificativa das posibles altas e baixas producidas durante o exercicio 2021 en orde ao cálculo da correspondente taxa de reposición de efectivos así como doutros posibles ceses a ter en conta.

Así mesmo, desde a Concellería confirmouse que logo do informe conxunto dos departamentos de Intervención e Tesourería, procedeuse á convocatoria da mesa xeral de negociación, previa negociación cos sindicatos CSIF, CCOO e CIG das liñas xerais da oferta como representación do persoal do Concello, realizándose sesión con data o pasado día 22, chegándose ao acordo por unanimidade dos presentes.

Back to top