Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

MUGARDOS ACOLLE A SÚA III BANDEIRA DE BATEIS ‘CONCELLO DE MUGARDOS’

O Club del Mar e o Concello de Mugardos colaboran nesta nova edición da bandeira de bateis que se celebrará este sábado 1 de abril no peirao de Mugardos

A concelleira de Deportes, Begoña Roldós, informa da celebración da III Bandeira de Bateis do Concello de Mugardos este sábado 1 de abril no peirao mugardés.

“Un ano máis, a competición de bateis volve ao peirao mugardés, onde os veciños de Mugardos e público en xeral están convidados a participar, gozar e animar ás tripulacións participantes desta bandeira que está consagrada como unha das probas de competición galegas” declarou Roldós.

A proba, que comezará ás 16.00 horas deste sábado, celebrarase en augas do porto de Mugardos e é unha das probas que está marcada no calendario da Federación Galega de Remo (FEGAR).

A organización corre a cargo do Club do Mar en colaboración co Concello de Mugardos, a Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia.O Club del Mar e o Concello de Mugardos colaboran nesta nova edición da bandeira de bateis que se celebrará este sábado 1 de abril no peirao de Mugardos.

Back to top