MELLORAS EN SEGURIDADE CIDADÁ
O Concello de Mugardos e a Secretaría de Estado de Seguridade inician a firma dun convenio que representa a certificación dun compromiso de cooperación entre as distintas administracións.
O Concello de Mugardos e a Secretaría de Estado de Seguridade, organismo dependente do Ministerio do interior, entre cuxas funcións se atopan a dirección e coordinación da política de seguridade do Estado, puxeron en marcha un procedemento que finalizará coa firma dun convenio co que garantis unha maior seguridade para a veciñanza.
O obxectivo do devandito convenio é promover unha avanzada coordinación de actuación entre as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e a Policía Local do Concello.
Desde a firma deste convenio, ambas os organizacións poderán intercambiar informaciósn de forma inmediata, incluindo tamén a posibilidade de que a Policía Local poida consultar as bases de datos estatais.
Paralelamente á mellora en información, a operatividade tamén realizará un gran avance, dando lugar a unha colaboración máis estreita na actuación das distintas organizacións.
Con este proceso, o Concello de Mugardos realiza un progreso en seguridade cidadá, unha condición básica para o desenvolvemento do benestar da veciñanza.