Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

MAÑÁ ABRE O PRAZO PARA A SEGUNDA LIÑA DE AXUDAS PARA USUARIOS DOS COMEDORES ESCOLARES MUNICIPAIS

A Concellería de Benestar anuncia a segunda liña de axudas directas para os usuarios e usuarias dos comedores escolares municipais que debido á declaración do estado de alarma e a suspensión do servizo, puideran verse perxudicados.

As axudas económicas desta segunda liña consistirán na emisión dun vale polo importe total que o Concello tería abonado por cada usuario do comedor polo mes de maio e ata o 19 de xuño, data na que tería pechado o servizo de non terse suspendido precipitadamente polo estado de alarma.

Poderán solicitar a axuda aqueles que tiveran a condición de comensais tanto no comedor de Unión Mugardesa como no de Santiago Apóstol, e da Escola Infantil “As Lagoas”, e cuia renta sexa igual ou inferior ao 150% do IPREM.

As axudas poderán solicitarse a través da sede electrónica do concello (sede.concellodemugardos.gal) ou no caso de non dispoñer de certificado dixital, a través do correo correo@concellodemugardos.gal Nese correo poderá achegarse cuberta e asinada a instancia de solicitude, así como a documentación requirida, dependendo das circunstancias persoais do solicitante.

O prazo para presentar as solicitudes comeza mañá mércores 27 de maio e remata o próximo mércores 5 de xuño. A solicitude para acceder á axuda, as bases e a publicación no BOP poden descargarse nas seguintes ligazóns:

IR Á LIGAZÓN Solicitude de axuda compensatoria pola suspensión do servizo de comedor

IR Á LIGAZÓN Bases da segunda liña de axudas para usuarios/as dos comedores escolares municipais

IR Á LIGAZÓN Publicación no BOP das 2ª bases de axudas dos comedores escolares municipais

Back to top