INSCRICIÓN / MATRÍCULA NA ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA ‘AS LAGOAS’
A) PARA ALUMNADO DO CURSO ANTERIOR
1.- XORNADA DE PORTAS ABERTAS:
Sábado 14 de setembro, na Escola Municipal de Música, no seguinte horario:
*Piano ás 09:30 horas.
*Percursión, guitarra, vento madeira e vento metal ás 10:30 horas.
*Canto ás 11:30 horas.
2.- PRAZO ORDINARIO DE MATRÍCULA:
Do 16 ao 23 de setembro (a.i.) no Departamento de Cultura e Deportes (edificio do Concello, 1º andar). O alumnado do curso anterior que non formalice matrícula nestas datas, perderá a súa praza.
B) PARA ALUMNADO NOVO
1.- XORNADA DE PORTAS ABERTAS:
Sábado 21 de setembro, na Escola Municipal de Música ás 10:30. Información sobre clases obrigatorias e horarios, dispoñibilidade de horarios para cada instrumento dúbidas xerais.
2.- PRAZO DE PREINSCRICIÓNS:
Do 23 ao 26 de setembro (a.i.) no Departamento de Cultura e Deportes (edificio do Concello, 1º andar), No caso de haber prazas, chamarase ao alumnado interesado, por orde de inscrición, o 30 de setembro. Ese día, de 17:00 a 19:00 horas, informarase dos horarios das clases na Escola de Música.
C) TODO O ALUMNADO
Todo o alumnado terá que matricularse das seguintes materias teóricas, segundo a súa idade, agás o alumnado de CANTO:
*Música e movemento (4 e 5 anos)
*Iniciación musical (6 e 7 anos)
*Linguaxe musical (de 8 anos en adiante)
Ademáis das materias teóricas, o alumnado de 7 anos en adiante poderá matricularse en:
*Un instrumento (unha hora de clase semanal, compartida con outra persoa) agás CANTO, onde poderá haber grupos de dúas ou tres persoas.
*Dous instrumentos: o principal, con unha hora de clase semanal compartida e o secundario, con media hora de clase semanal individual.
*Combo/coro, se houbera número mínimo de alumnado e só para idades de 8 anos en adiante.
INSTRUMENTOS:
*PIANO
*GUITARRA
*PERCURSIÓN
*VENTO MADEIRA
*VENTO METAL
*CANTO