IMPOSTO SOBRE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA
Informamos que xa se solucionou a falta de coincidencia entre os padróns e os datos de matriculacións na DGT para o pago do que popularmente se recoñece como imposto de circulación ou rodaxe.
Como está próximo o paso á cobranza da contribución, para non crear un maior prexuízo á ciudanía, admitirase o pago voluntario de ambos os impostos ata o mes de decembro.
No caso de pagos domiciliados en conta, o imposto de circulación realizarase en outubro e o da contribución en novembro.
Se desexan máis información poden dirixirse á Oficina de Recadación ou a Área de Intervención do Concello de Mugardos.