Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

INFORMACIÓN DO SERVIZO DE ORIENTACIÓN LABORAL

Centro de Formación Francisco Vizoso, Avda Francisco Vizoso, s/n – CP 15626

627 586 101

Horario de atención: luns, martes e mércores de 9.00 a 14.00 horas

rosa.rey@mugardos.gal

Persoa de contacto:Rosa Rey

É un servizo dirixido ás persoas en situación de desemprego (ou en mellora de emprego) que queiran mellorar as condicións de acceso a un posto de traballo. A Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol  presta nos Concellos de Ares, Mugardos, Neda e Valdoviño, o servizo de orientación laboral  subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.

As accións que se desenvolven desde este servizo son:

  • Asesoramento formativo
  • Información laboral (ofertas de traballo, bolsas, convocatorias públicas de emprego,…)
  • Técnicas de procura de emprego
  • Itinerarios personalizados de inserción (IPI)

Existe tamén a disposición dos veciños e veciñas na Casa do Concello un punto de información do Servizo Público de Emprego desde o que se pode renovar a demanda de emprego.

Ao mesmo tempo preténdese potenciar os recursos propios do municipio e facilitar o desenvolvemento económico.

Back to top