BOLSA MUNICIPAL DE EMPREGO
INFORMACIÓN DA BOLSA DE EMPREGO MUNICIPAL
Avenida de Galicia, 45, 2º andar
981 470 338 (extensión #2030)
Horario de atención de luns a venres, de 9.00 a 14.00 horas
Persoa de contacto:Rosa Rey
A bolsa de emprego municipal está ideada para prestar un servizo de intermediación laboral a todas as persoas empadroadas no municipio que sexan poboación activa, e proporcionar información sobre as ofertas de emprego, formación e outros asuntos en materia de recursos humanos e promoción conómica que se reciben no departamento de Formación e Emprego; para iso, todos os departamentos do Concello de Mugardos canalizarán por esa vía as ofertas de emprego que xeneren ou das que teñan coñecemento. Ao finalizar o ano 2019 había preto de 570 persoas inscritas na bolsa de emprego municipal.
INSTANCIA
FUNCIÓNS
A bolsa de emprego xestionada polo Concello de Mugardos ten como obxectivos:
1. Intermediar laboralmente de xeito que a bolsa constitúa unha ferramenta de conexión entre a demanda de emprego existente e as ofertas de emprego.
2. Establecer e afianzar contactos co sector empresarial da zona como estratexia facilitadora do acceso ao mercado de traballo.
3. Promover a inserción laboral dos traballadores e a súa formación continua a través de diferentes programas que lles facilite ou mellore as súas posibilidades de acceso a un posto de traballo por conta allea ou propia.
4. Favorecer redes de contacto con entidades e institucións relacionadas co emprego e a formación. Deste xeito, esta bolsa de emprego constituiría un servizo adicional ao que presta o Servizo Público de Emprego de Galicia da Xunta de Galicia a través das Oficinas de Emprego.
NORMATIVA MUNICIPAL REGULADORA
A ordenanza reguladora da Bolsa de Emprego do Concello de Mugardos publicouse no BOP do 8 de novembro de 2013, e pode consultarse na seguinte ligazón: