Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

FINALIZA O OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO REINICIA VIII

Organizado polo Concello de Mugardos, xunto con Ares, Fene e Cabanas

O alcalde de Mugardos, Juan Domingo de Deus, e o concelleiro de Emprego e Participación, Miguel Mahía, participaron hoxe no peche do Obradoiro Reinicia VIII, no que se impartiu formación e experiencia profesional nas especialidades de Actividades auxiliares de mellora e conservación de montes, e Atención sociosanitaria a persoas no domicilio

Participaron e chegaron ata o final 20 alumnos/as-traballadores, 10 en cada especialidade, que contaron cun contrato laboral de formación e aprendizaxe durante 9 meses. Na organización do Obradoiro participaron 6 profesionais encargados da formación e a xestión do mesmo.

O obxectivo deste obradorio é que o alumnado-traballador acade o certificado de profesionalidade que acredita a adquisición das competencias profesionais necesarias en cada especialidade para a súa incorporación ao mercado laboral nestas ocupacións con alta demanda de persoal.

O alcalde salientou a importancia da formación en sectores con alta demanda no mercado laboral e subliñou que “grazas á labor de intermediación laboral que se fai desde o propio Obradoiro coas empresas, xa se está actualmente a entrevistar a alumnado participante no Reinicia VIII (principalmente con formación en atención sociosanitaria) e están recibindo ofertas de emprego para a súa incorporación inmediata”.

Miguel Mahía felicitou aos 20 alumnos/as-traballadores polo seu esforzo e traballo ao longo destes 9 meses de formación e confirmou a intención do Concello de Mugardos de seguir participando en programas de cualificación profesional da poboación, especialmente centrados naqueles con altas taxas de inserción laboral.

Back to top