Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

FENOSA ATENDE AS SOLICITUDES REALIZADAS POLO GOBERNO MUNICIPAL PARA ACABAR COS CORTES DE LUZ EN SAN XOÁN

O Concelleiro de Servizos Jorge Kuntz informou hoxe que o Delegado de Fenosa da provincia confirmou que a empresa distribuidora levará a cabo as actuacións reclamadas polo goberno municipal para acabar cos apagóns na parroquia mugardesa de San Xoán de Piñeiro.

Os traballos aos que Fenosa comprometeuse para mellorar substancialmente o servizo que se presta á parroquia mugardesa son os de poñer en marcha unha nova subestación en Vilar do Colo, desmontar e soterrar o tramo aéreo de cableado que vai desde a subestación ata a parroquia, renovar a caseta da zona da Igrexa que permitirá unha mellora na eficiencia e aumentar a potencia de servizo na parroquia o que evitará os apagóns na zona.

Kuntz confirmou que “Estamos moi satisfeitos co traballo feito e pensamos que é un bo punto de partida xa que, de levarse a cabo, todas estas medidas solucionarán definitivamente os problemas de cortes no servizo que os veciños e veciñas de San Xoán de Piñeiro viñan padecendo desde fai anos”.

O concelleiro pediu paciencia á veciñanza, para que estas medidas se desenvolvan, xa que algunhas delas tardarán meses en estar implementadas, pero quixo deixar claro que “desde o goberno municipal estaremos moi atentos para que estes compromisos adquiridos por Fenosa sexan unha realidade o máis pronto posible”.

Back to top