Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

TEATRO: TITANIC

Este evento rematou

O ilusionista e actor Cayetano Lledó presenta esta obra no Casino Mugardés desde as 20.00 horas.

Titanic é un espectáculo de teatro con comedia, maxia e moito humor, destinado ao público familiar e no que se narran os preliminares e a viaxe do barco, e no que os espectadores serán pasaxeiros nesta viaxe chea de sorpresas e situacións inesperadas e moi divertidas.

Desde a concellería de Cultura lembran que o uso de máscara é obrigatorio desde os 6 anos e recomendable desde os 3 anos, e que os asistentes ao evento deberán respectar sempre a distancia social obrigatoria de 1,5 metros. Así mesmo, lémbrase que os menores deberán estar acompañados sempre por un responsable maior de idade.

Back to top