REPRESENTACIÓN DO CONTACONTOS: A MIÑA HISTORIA (COMPAÑÍA TRÉMOLA TEATRO!)
Este evento rematou
-
Fecha
23 Febreiro 2023
-
Hora
12:00
Celebración municipal do día de Rosalía de Castro o próximo día 23 de febreiro ás 12.00 horas coa representación do contacontos A Miña historia a cargo da compañía Trémola Teatro!, para todos os nenos e nenas de 1º e 2º de Educación Primaria dos centros escolares mugardeses.
O espectáculo céntrase en contar a biografía de Rosalía a través da personaxe dunha xornalista saída do século XIX para introducir algúns dos textos máis importantes a autora. Cos libros alí, a actriz amosaralle os textos á rapazada e mesmo compartirá algunhas das creacións rosalianas. O contacontos fai referencia á relevancia de Cantares en relación coas Letras ou ao papel de Rosalía como protagonista do Rexurdimento Galego. Tamén se proxecta a súa figura como muller pioneira do seu tempo, coa inclusión deste tema a partir dun fragmento de Lieders.