Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

MONICREQUES: RODARIRRODARI

Este evento rematou

No Casino Progreso de Franza a partir das 20.00 horas Fantoches Baj presenta Rodarirrodari, un espectáculo de narración oral e monicreques con acompañamento musical recomendado para enenos e nenas a partir dos 3 anos.

Sinopse: O tranvía de Marín serve como medio de transporte do espectáculo. O tema dá xogo para introducir cancións tradicionais. O narrador Inacio Vilariño xoga coas onomatopeas producidas polo funcionamento das máquinas. Finalmente péchase o cÍrculo coas novas tecnoloxías e como mal usadas acabarán converténdonos en burros.

Desde a concellería de Cultura lembran que o uso de máscara é obrigatorio desde os 6 anos e recomendable desde os 3 anos, e que os asistentes ao evento deberán respectar sembre a distancia social obrigatoria de 1,5 metros. Así mesmo, lémbrase que os menores deberán estar acompañados sempre por un responsable maior de idade.

Back to top