Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

ENTROIDO FAMILIAR EN MUGARDOS

A programación de Entroido 2026 en Mugardos céntrase en tres datas:

-Venres 13 de febreiro: Exhibición de Rap improvisado en galego. Para rapaces de 12 anos en adiante. Unha hora chea de dinámicas para facer Rap improvisado. A partires das 19:00 horas no Casino Mugardés, e aberto a todo o público.

-Luns 16 de febreiro: Merenda de Entroido, para a veciñanza maior de 60 anos. Unha tarde de xuntanza para compartir merenda e diversión, na que ademáis se sorteará unha cesta con produtos típicos do entroido entre as persoa disfrazadas. Comenzará ás 18.00 horas no Local Social de Maiores e para asistir é preciso inscribirse -a partir do 2 de febreiro- no 2º andar do Concello (Servizos Sociais) de luns a venres de 10.00 a 13.00 horas ou chamando ó teléfono 606168140.

-Martes 17 de febreiro: Entroido familiar no Casino Mugardés. A comparsa ‘Manda Charanga’ se xuntará no parque da Constitución e dende ahí sairá cara ao Casino Mugardés. Ás 18:00 horas comenzará a festa coa animación da discoteca móvil ‘Nova Onda’. Ás 20:00 horas se sortearán cestas con produtos típicos do entroido entre as persoas adultas que veñan disfrazadas. Ás 20:15 horas se repartirán orellas e ás 21:00 horas finalizará a festa.

Back to top