Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

ACTIVIDADE ESPECIAL DE VERÁN: VI NOITE DE ESTRELAS

Este evento rematou

Outro ano máis e dentro da programación especial de verán, o museo conta coa presenza do biólogo, paisaxista e experto en astronomía cultura, Antón Bouzas, que dirixirá a nosa mirada a través do ceo nocturno para conectar as nosas mentes coa cultura dos nosos antepasados.

O evento levarase a cabo a partir das 22.30h da noite do venres 2 de agosto na zona exterior do propio museo. A realización desta actividade está suxeita ás condicións climatolóxicas do día en cuestión, polo que é susceptible de modificacións ou cancelacións. Todas a persoas interesadas en participar deberán escribir un corre electrónico (info@museocaldoval.gal) ou chamar ao 687 072 116 (en horario de apertura) facilitando os seguintes datos: número de participantes (máximo 6 persoas por reserva), nome e teléfono da persoa de contacto.

Back to top