Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

ESPECTÁCULO MUSICAL “A FRAGA DO MEU AVÓ”

“A fraga do meu avó” é un espectáculo musical de Mamá Cabra destinado ao público infantil e familiar, e que dará comezo ás 20.00 horas na praza do Concello (no caso de choiva trasladarase ao pavillón do Cristo).

Sinopse: A fraga do meu avó está chea de carballos que case tocan o ceo, castaños, bidueiros, loureiros, bieiteiros, abeleiras, e moitas árbores que sempre deron moitísimo mais que madeira. Agochados entre eles andan paxaros como a pega marza, o mito, o peto real, a estreliña do norte, o paporroibo real, a curuxa,… E percorrendo os seus camiños están a píntega, os esquíos, o xabaril, o raposo,…

Desde a concellería de Cultura lembran que o uso de máscara é obrigatorio desde os 6 anos e recomendable desde os 3 anos, e que os asistentes ao evento deberán respectar sempre a distancia social obrigatoria de 1,5 metros. Así mesmo, lémbrase que os menores deberán estar acompañados sempre por un responsable maior de idade.

Back to top