Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

A DANZA DOS PAXAROS

Este evento rematou

A danza dos Paxaros é un espectáculo de animación para un público familiar, que percorrerá as rúas de Mugardos desde as 20.00 horas, e que conta coa participación da compañía Can Cun Quiqué.

As e os bailaríns interpretan aos paxaros que interactuan coa dirección dun ornitólogo que acompaña a esta particular bandada no seu danzar. Acompañados da música, das súas vistosas vestimentas e sobre todo de moito humor e moito ritmo, os paxaros sorprenderán aos presentes. Estes cabezudos constitúen un espectáculo sorprendente, áxil e moi participativo.

No caso de choiva, o espectáculo trasladarase ao pavillón do Cristo.

Desde a concellería de Cultura lembran que o uso de máscara é obrigatorio desde os 6 anos e recomendable desde os 3 anos, e que os asistentes ao evento deberán respectar sembre a distancia social obrigatoria de 1,5 metros. Así mesmo, lémbrase que os menores deberán estar acompañados sempre por un responsable maior de idade.

Back to top