Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

ESTA FIN DE SEMANA MUGARDOS CAMIÑA

O Concello organiza unha nova andaina, nesta ocasión polas terras de Rilo e Seaña

Mugardos, 5 de maio de 2022. A concelleira de Cultura e Turismo, Begoña Roldó,s presentou hoxe a derradeira andaina de Mugardos Camiña deste curso, que terá lugar este domingo por terras de Rilo e A Seaña. A saída está programada para as 10.00 horas desde Catro Camiños.

As persoas interesadas en participar nesta andaina, organizada polo Concello en colaboración coa Asociación de Montefaro, poderán apuntarse nas oficinas do departamento de Cultura sitas no primeiro andar da Casa do Concello, ben presencialmente ou ben chamando ao 981 470 290 (extensión #2033). 

Roldós lembrou que esta é unha actividade totalmente gratuíta.

Back to top