Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

ENTREGA DE TROFEOS AOS CAMPIÓNS GALEGOS DE AGILITY 2022

O pasado fin de semana celebráronse no Centro Canino da Costa Verdecente (Mugardos) a 14ª e 15ª probas da Liga Galega de Agility, sendo as derradeiras citas da temporada.

Unha vez rematada a competición, fíxose entrega dos trofeos aos Campións Galegos 2022, en presencia de directivos da Federación Galega de Caza e do alcalde de Mugardos.

Dende o Concello de Mugardos dase a noraboa aos organizadores polo excelente traballo realizado.

Back to top