CURSOS DE FORMACIÓN ESPECÍFICA DE SOCORRISMO
Convocados varios cursos de formación específica de socorrismo en instalacións e espacios acuáticos naturais, destinados ás persoas interesadas no desenvolvemento do exercicio profesional de socorrismo na Comunidade Autónoma de Galicia.
Reservaráse un 30% das prazas a voluntarios/as activos/as nunha agrupación ou asociación de voluntarios de protección civil que teñan superado o curso básico de protección civil.
O prazo de inscrición xa está aberto e remata o 4 de Marzo do 2024.
O solicitante ten que cubrir o formulario de matrícula telemática disponible na páxina web da AGASP. (http://agasp.xunta.gal). Se non está dado de alta na páxina da AGASP, deberán facelo previamente na propia páxina para o que é necesario unha conta de correo electrónico, (dúbidas ou dificultades técnicas nos teléfonosde AGASP 886 20 61 38 // 886 20 61 39 // 886 20 61 37 ou no enderezo de correo electrónico formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal.)