CURSO MEDIADORES/AS SOCIAIS EN PREVENCIÓN
Prazo de inscrición ate o 28 de Abril de 2022
A agrupación de concellos de Fene, Mugardos e Neda desenvolve o proxecto de prevención de condutas aditivas, no que se enmarcan o curso de MEDIADORES/AS SOCIAIS EN PREVENCIÓN, subvencionado pola Consellería de Sanidade.
Os destinatarios son un conxunto amplo e diverso que poden exercer unha función mediadora na prevención de condutas aditivas, cumprindo funcións de dinamización da comunidade e elementos de conexión entre as distintas institucións. As actividades formativas diríxense aos seguintes mediadores, policía local, protección civil, representantes das entidades sociais, culturais, deportivas, ANPAS, monitorado e familias.
Os obxectivos que se marcan no programa son os seguintes:
- Mellorar as actitudes preventivas das persoas mediadoras.
- Incrementar os coñecementos sobre contidos preventivos.
- Aumentar as habilidades para a planificación de programas preventivos
CONTIDOS:
- Adolescencia, drogas e adiccións. Enfoques actuais
- Información xeral sobre drogas
- Saúde comunitaria. Conceptos básicos na prevención das condutas adictivas
- O papel da persoa mediadora na prevención de condutas adictivas
LUGAR: Sala de Plenos
HORARIO: De 18.00h a 20.00h.
DATAS: xoves de Maio: 5,12,19, 26; e de Xuño: 2, 9, 16
Número de prazas: ata un máximo de 15 por grupo ( seguindo as recomendacións sanitarias de prevención de COVID 19), que se cubriran por orde de inscrición.
Entregar o boletín de inscrición no Centro Municipal de Servizos Sociais ou na Caixa electrónica: servizos.sociais@fene.gal
Data de inscrición ata o día 28 de abril
As sesións serán impartidas por persoal técnico de ASFEDRO.
A coordinadora do programa e a pedagoga municipal e técnica en prevención Mª José Paz Rodríguez.
Para calquera información dirixirse a: CENTRO MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS
Avda.do Mar, Bloque 1, Baixo – San Valentín
Teléfonos: 981.492.706 / 981 342607
Caixa electrónica: servizos.sociais@fene.gal