CORTES DE AUGA EN FRANZA POLA REPARACIÓN DUNHA FUGA
19 DE MAIO DE 2022. O concelleiro de Obras e Servizos Jorge Kuntz informa que se está a traballar hoxe desde as 8.30 horas nas zonas de Francisco Vizoso, Franza de Arriba, Franza de Abaixo, Morteirado, A Pita, A Chousa, A Gallada, e Lodairo, na reparación dunha fuga de auga na baixada xeral dos depósitos de Franza, razón pola cal o servizo estase vendo afectado polo corte xeral do circuito de presión para proceder á urxente reparación.
“O traballo non é complexo e está localizado, pero se necesita facer o corte para realizar a substitución da peza dañada” sinalou o concelleiro. O servicio restablerecerase o antes posible.