CONVOCATORIA DUNHA PRAZA DE ADMINISTRATIVO/A MEDIANTE OPOSICIÓN EN QUENDA LIBRE
ONVOCATORIA DE PROCESO SELECTIVO PARA A COBERTURA MEDIANTE FUNCIONARIO DE CARREIRA, DE UNHA PRAZA DE ADMINISTRATIVO/A INCLUÍDA NA OEP DO CONCELLO DE MUGARDOS DO ANO 2022, MEDIANTE O SISTEMA DE OPOSICIÓN EN QUENDA LIBRE – APERTURA DO PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES.
No Boletín Oficial del Estado núm. 246, de data 13.10.2025, publicouse anuncio de convocatoria para a cobertura, mediante o sistema de oposición, en quenda libre e mediante persoal funcionario de carreira, de unha (1) praza vacante de administrativo/a, da escala de administración xeral, subescala administrativo, grupo C, subgrupo C1, correspondente á oferta de emprego público (en diante, OEP) do Concello de Mugardos do ano 2022.
O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais a contar dende o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado (Boletín Oficial del Estado núm. 246 de data 13.10.2025).
No Boletín Oficial da Provincia da Coruña núm. 169, do día 05.09.2025, publicáronse integramente as bases xerais e específicas reguladoras do citado proceso selectivo.