Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

CONVOCATORIA DE PROCESOS DE ESTABILIZACIÓN DE EMPREGO PARA PRAZAS DE ANIMADOR/A SOCIOCULTURAL, ANIMADOR/A DEPORTIVO E OFICIAL PRIMEIRA SERVIZO AUGA

No Boletín Oficial del Estado núm. 104, de data 29.04.2024, publicouse anuncio de convocatoria para prover, polo sistema excepcional de concurso, varias prazas incluídas na oferta de emprego público extraordinaria de 2022, de acordo coa Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, e que a continuación se relacionan:

  • Unha (1) praza de persoal laboral fixo de Animador sociocultural, pertencente ao grupo de clasificación III, asimilada á Escala de Administración Especial, subescala Técnica, Grupo C, Subgrupo C1, mediante o sistema de provisión por concurso de méritos.         
  • Unha (1) praza de persoal laboral fixo de animador/a deportivo, pertencente ao grupo de clasificación III, asimilada á Escala de Administración Especial, subescala Técnica, Grupo C, Subgrupo C1, mediante o sistema de provisión por concurso de méritos.       
  • Unha (1) praza de persoal laboral fixo de Oficial de primeira, servizo auga, pertencente ao grupo de clasificación IV, asimilada á Escala de Administración Especial, subescala Servizos Especiais, clase Persoal de Oficios Grupo C, Subgrupo C2, mediante o sistema de provisión por concurso de méritos.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais a contar dende o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado (Boletín Oficial del Estado núm. 104 de data 29.04.2024).

Solicitudes:

Modelo de relación de méritos (pdf)

Modelo de relación de méritos (documento de word)

Modelo de solicitude de autobaremación (pdf)

Modelo de solicitude de autobaremación (documento de word)

Back to top