CONVOCATORIA DE DÚAS PRAZAS DE LIMPADOR/A DE EDIFICIOS MUNICIPAIS MEDIANTE OPOSICIÓN EN QUENDA LIBRE
CONVOCATORIA DE PROCESO SELECTIVO PARA A COBERTURA, MEDIANTE PERSOAL LABORAL FIXO, DE DÚAS PRAZAS DE LIMPADOR/A EDIFICIOS MUNICIPAIS, INCLUÍDAS NAS OFERTAS DE EMPREGO PÚBLICO DO CONCELLO DE MUGARDOS DE 2022 E 2024 (OEP 2022 E OEP 2024), MEDIANTE O SISTEMA DE OPOSICIÓN EN QUENDA LIBRE – APERTURA DO PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES.
No Boletín Oficial del Estado núm. 246, de data 13.10.2025, publicouse anuncio de convocatoria para a cobertura, mediante o sistema de oposición, en quenda libre e mediante persoal laboral fixo, de dúas (2) prazas de limpador/a de edificios municipais, previstas na Relación de Postos de Traballo do Concello de Mugardos, e incluídas nas ofertas de emprego público desta entidade local do ano 2022 e do ano 2024 (OEP 2022 e OEP 2024),
O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais a contar dende o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado (Boletín Oficial del Estado núm. 246 de data 13.10.2025).
No Boletín Oficial da Provincia da Coruña núm. 169, do día 05.09.2025, publicáronse integramente as bases xerais e específicas reguladoras do citado proceso selectivo.