Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

CONVOCATORIA DE AXUDAS DE COMBUSTIBLE E SUBMINISTRACIÓNS

A Deputación da Coruña ven de publicar as bases reguladoras das axudas enmarcadas no Programa de medidas urxentes para paliar o impacto do incremento do custo do cumbustible e subministracións nos sectores agrario, gandeiro, pesqueiro e do transporte de mercadorías por estrada (MUR_COMB_SUBM/2022).

O prazo de presentación de solicitudes das axudas iniciarase o día 28 de abril de 2022 ás 09:00 horas  ata o esgotamento do crédito orzamentario aprobado ou en todo caso ata o 28 de xuño de 2022 ás 14:00 horas.

A presentación será telemática a través da plataforma SUBTeL: https://sede.dacoruna.gal/subtel/.

Achégase unha guía cun resumo do Programa e detalle da forma de presentación da solicitude para unha mellor comprensión:

Lembrámoslle que na web da Deputación (https://www.dacoruna.gal/) pode consultar a información actualizada desta convocatoria.

Back to top