Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

CONCELLO DE MUGARDOS E DEPUTACIÓN DA CORUÑA FIRMAN UN CONVENIO PARA FINANCIAR AS OBRAS DE REURBANIZACIÓN DA AVENIDA BELLO PIÑEIRO

Os traballos teñen un orzamento de licitación de 96.000 euros

O Alcalde de Mugardos, Juan Domingo de Deus, e o presidente da Deputación da Coruña, Valentín Gonzalez Formoso, veñen de firmar un convenio de colaboración para o cofinanciamento das obras de reurbanización da Avenida Bello Piñeiro do Seixo.

Os obras teñen un orzamento de licitación de 96.000 euros segundo o novo proxecto técnico redactado en xuño de 2022, e o Concello dispón xa de todas as autorizacións administrativas preceptivas, así como dos informes favorables dos Servizos Técnicos da Deputación.

Coa firma do convenio, a Deputación comprométese a financiar o 80% das obras, esto é 76.800 euros, aportando o resto o Concello con fondos propios.

Desde a Concellería de Obras, dirixida por Jorge Kuntz, confirmouse que, sendo o Concello o responsable da licitación das obras, éstas poranse en marcha o antes posible e a intención do goberno municipal é aprobar en Xunta de Goberno Local o inicio da contratación das obras antes de que remate o ano.

Back to top