Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

COMEZA A COLOCACIÓN DE GAIOLAS EN MUGARDOS PARA O CONTROL DAS COLONIAS FELINAS

Na reunión de inicios do mes de xullo foron capacitados os coidadores e coidadoras para o uso das gaiolas de capturas

O concelleiro de Participación, Miguel Mahía, informou da instalación da primeira das gaiolas de captura dentro das medidas para a aplicación do método C.E.R. (captura, esterilización e retorno), que consiste en esterilizar aos gatos das colonias felinas existentes.

Logo da súa captura, os gatos serán esterilizados e devoltos ao seu territorio, co obxectivo de acabar coas colonias de xeito respectuoso.

Os coidadores e coidadoras das colonias felinas foron capacitados para o uso da gaiola de captura e dispoñen de carnés de persoal autorizado da colonia, logo da charla formativa celebrada o pasado venres 1 de xullo no Salón de Plenos municipal.

O concelleiro lembrou que “estamos abraiados pola acollida que está a ter esta iniciativa entre a veciñanza, e a mantemos aberta permanentemente, polo que os interesados e interesadas en darse de alta como coidador/a poden facelo realizando unha solicitude por escrito a través do Rexistro Xeral do Concello, utilizando unha instancia tipo” explicou Mahía.

Back to top