Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

CIRCULAR INFORMATIVA SOBRE O SERVIZO DE COMEDORES ESCOLARES MUNICIPAIS

A partir do luns, día 13 de xaneiro de 2025, a empresa prestadora do Servizo de Comedores Escolares Municipales é JARDANAY SL

Todas as comunicacións relacionadas con ausencias, uso ocasional do servizo, así como solicitude de dietas brandas, deben realizarse a través de medio escrito cubrindo o formulario no enlace https://forms.gle/JY3tj31oCZifwb75A coa seguinte antelación:

-Ata as 09:00 h. para anular/solicitar o servizo de xantar

-Ata as 17:00 h. para solicitar o almorzo do día seguinte.

Para temas relacionados con autorizacións para a recollida de nenos/as poden contactar directamente coas coordinadoras do servizo:

* CEIP Unión Mugardesa- Teléfono 621153567         

*CEIP Santiago Apóstol- Teléfono 621153570

ALMORZO: 7.30 h- 9.00 h.

Despois das 08,30h. o alumnado non poderá entrar no servizo de almorzo.

XANTAR: 14.00h.-16.00 h.

Dúas quendas de saída: a primeira sairá ás 15:15 h. e a segunda quenda ás 16:00 horas. Por seguridade dos/das comensais, e agás os horarios das quendas de saída, as portas do centro permanecerán pechadas durante o servizo.

Faltas de asistencia:

A ausencia esporádica ou continuada no servizo non exime da obriga de pagamento.

Unha ausencia de máis de 3 días continuos sen xustificar ou mais de 6 discontinuos nun período igual ou de 30 días naturais poderá producir a baixa no servizo.

Faltas de conduta:

O Concello reserva para sí o dereito de admisión e de exclusión temporal ou definitiva do alumnado que se comporte de forma incorrecta ou que os seus pais, nais ou titores legais non respecten o regulamento do servizo e as normas básicas de convivencia e colaboración.

Para a corrección das faltas leves poderáselle aplicar, como medida correctora inmediata, a suspensión temporal do dereito de asistencia ao comedor por un período de ata 3 días lectivos, sen eximir da cota correspondente.

Lembrase que O servizo de Comedor Escolar Municipal é un servizo educativo, complementario, compensatorio e social, especialmente destinado a garantir a efectividade da educación obrigatoria dentro dos principios de igualdade, en especial entre homes e mulleres, e solidariedade.

Existe lista de agarda de familias que demandan e precisan deste servizo polo que lembramos a importancia de solicitar por escrito no rexistro do Concello ou no rexistro de calquera Administración Pública a baixa do servizo.

Back to top