CHARLA ONLINE SOBRE CÓMO FACER UNHA RECLAMACIÓN, ORGANIZADA POLO INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO
A Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, puxo a disposición da cidadanía os VENRES DE CONSUMO RESPONDE.
Este venres 29 de abril ás 12.30 horas celébrase a través da aula virtual de consumo unha charla aberta sobre Cómo reclamar empregando o Asistente de reclamacións de consumo.
Toda aquela persoa que desexe participar unicamente ten que acceder este venres ás 12.30.
Para participar:
1º.- Entra na web do IGCC: https://consumo.xunta.gal/gl
2º.- Pincha na foto que ves na páxina principal á esquerda que pon VENRES DE CONSUMO.
3º.- Verás que estás na aula de VIDEOCONFERENCIA, pois prema na ligazón para acceder á mesma.
OLLO! Se non tes Webex instalado, preme en “Únase desde el navegador”
4º.- ÚNETE Á REUNIÓN.