CELEBRACIÓN DOS ACTOS DO 25N NO CONCELLO DE MUGARDOS
O Concello de Mugardos agradece o compromiso de todos os centros educativos mugardeses, especialmente do seu profesorado e alumnado, que colaborou en grande medida á celebración do acto de hoxe e do seu compromiso diario coa igualdade.
Dende a Alcaldía e a Concellería de igualdade tamén se agradeceu a labor de Protección civil, Policía Local e Garda Civil, aproveitando o acto para trasladar o recoñecemento e felicitación do Concello de Mugardos á Unidade Viogen da zona de Ferrol da Garda Civil, con sede en Mugardos, polo Premio Meninas 2022, que recentemente acaban de recibir polo seu grande traballo e compromiso.


