Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

CAMPAMENTOS DEPORTIVOS DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA 2024

A sede do campamento será o IES Rosalía Mera, Rúa Archer Milton Huntington, 24 (A CORUÑA) e terá a seguinte duración:

  • Entrada: Domingo 14 de xullo no centro Rosalía de Castro, entre as 18.00 e a 19.30 horas
  • Saída: Venres 19 de xullo do centro Rosalía de Castro, entre as 16.00 e as 17.00 horas.

O campamento está dirixido a rapaces e rapazas nadas entre o 1 de xaneiro do 2010 e o 31 de decembro de 2015. 

COTA DE INSCRICIÓN 85,00€ (oitenta e cinco euros), que se ingresarán, unha vez o/a interesado/a obteña praza a través do sorteo público. Inclúe transporte interno, estadía e manutención en residencia, e todo gasto que ocasionen as actividades programadas. 

INSCRICIÓNS No Rexistro do Concello de Mugardos, ata o 28 de maio de 2024. (Realizarase o sorteo público, no caso de que o núm. de solicitudes supere o núm. de prazas) nos dous días seguintes á finalización do prazo de inscrición. 

Back to top