Bono de cultura da Xunta de Galicia
É un programa da Xunta de Galicia para favorecer a reactivación do sector cultural galego, estimulando o consumo de produtos e servizos culturais en Galicia, a través de axudas económicas que se poden empregar directamente nos establecementos adheridos.
A iniciativa destínase para a adquisición de produtos e a utilización de servizos culturais por parte do público xeral. É un sistema sinxelo e accesible, co que se pretende dinimazar a actividade dos establecementos participantes.
O Bono Cultura conta cun investimento de 1.950.000€ para o ano 2021. Estes bonos poderán empregarse do 1 de novembro ao 31 de decembro de 2021.
Para beneficiarse do Bono Cultura tes que ser maior de idade e residir en Galicia. Para usalo deberás empregar unha aplicación no teu móbil. Unha vez descargado da web poderás usalo tantas veces como desexes nos establecementos identificados, ata consumir a contía dispoñible (50€).
Tes ata o 31 de decembro para facer as túas compras en librarías, museos, tendas de videoxogos, música…
Os establecementos poderán adherirse a partir do 19 de outubro.
Maís información aquí