AXUDAS PARA A VIVENDA DA XUNTA DE GALICIA
Nestes momentos a Xunta de Galicia ten desenvoltos catro eixos de axudas públicas á vivenda:
- Pacto de vivenda de Galicia 2021-2025
- Plan de recuperación, transformación e resiliencia
- Plan vivenda 2022-2025
- Lei de dereito á vivenda
O pacto de vivenda céntrase en 3 liñas estratéxicas: o acceso á vivenda, a rehabilitación e a creación de solo residencial.
O Plan de recuperación transformación e resiliencia ten 6 programas principais de actuación: o de rehabilitación en entornos residenciais, o de construcción de vivendas de alugueiro social e edificios eficientes, o de rehabilitación enerxética de edificios, o de transición enerxética e reto demográfico, o de rehabilitación sostible e dixital de edificios públicos e o programa de axudas para a elaboración de plans de acción local da Agenda Urbana Española.
O Plan de vivenda 2022-2025 céntrase no alugueiro, a rehabilitación e a promoción de vivenda.
E a Lei de dereito á vivenda regula o marco comeptencial nesta materia.
Desde a Concellería de Urbanismo infórmase de que na oficina de rehabilitacion municipal os veciños e veciñas poden acceder a toda a información ao respecto destas axudas. A oficina está situada na Avenida de Galicia nº 15, baixo, e o horario de atención ao público é os mércores de 9.30 a 14.30 horas, e de 16.30 a 20.00 horas.Para pedir cita ou informarse, as persoas interesadas poden poñerse en contacto tamén por vía telefónica, chamando ao 677 477 558, ou vía email agvirosta@coag.es