Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Aprobada unha modificación de crédito para realizar melloras en obras e servizos municipais

A Corporación Municipal de Mugardos celebrou hoxe un Pleno Extraordinario no que se aprobou unha modificación de crédito por un importe total de 744.226,84€, procedentes de remanente líquido de tesourería e baixas do orzamento.

En concreto, esta partida económica destinarase ás seguintes actuacións:

-Ampliación da rede municipal de saneamento en O Monte (Franza).

-Mellora de servizos e pavimentación na Rúa Rosalía de Castro.

-Mellora da eficiencia lumínica dos pasos de peóns situados no centro de Mugardos.

-Reforma integral do edificio do mercado municipal.

-Substitución da cuberta do polideportvo de O Cristo.

-Pago de certificacións de obras do Parque Peteiro, pendentes dende 2018.

-Redacción do proxecto da nova biblioteca, para comenzar as obras no 2022.

-Redacción de proxectos para incluir no POS 2022.

-Mantemento dos bombeos da EDAR correspondente ao 2020.

-Retribución e Seguridade Social do persoal do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) e pago de facturas correspondentes a esta anualidade. Este servizo triplicou en 2021 o número de dependentes e continuará ampliando usuarios.

A este respecto, o Concelleiro de Facenda de Mugardos, Miguel Mahía, destacou a importancia destas intervencións que continuarán mellorando a calidade de vida dos vecinos do municipio.

Back to top