APROBADA A SUMINISTRACIÓN DE TARXETAS SOLIDARIAS PARA AS FAMILIAS EN PRECARIEDADE ECONÓMICA
A Xunta de Goberno aprobou esta mañá a contratación da suministración de tarxetas solidarias que sustituirán aos vales de alimentos e produtos de hixiene persoal para as persoas en familias en situación de precariedade económica.
Dará comezo a licitación para que os establecementos interesados en aplicar este novo sistema presenten a súas ofertas.
O fin dos antigos vales da alimentación que se viñan utilizando nas últimas décadas acabará neste próximo ano 2025, sendo sustituidas por unhas tarxetas similares a unha tarxeta de crédito, e onde se acumularán as cantidades ás que teñan dereito os veciños e familias con menos recursos económicos.
A licitación saldrá por unha base impoñible anual de 68.000 euros (non suxeito a IVE).
O alcalde de Mugardos, Juan Domingo de Deus, como responsable dos servizos sociais municipais, fai así efectivo o compromiso adquirido de cumplir varios obxectivos fundamentais: dar maior anonimato ás persoas usuarias da tarxeta, axilizar a xestión municipal e que os usuarios poidan xestionar os cartos dispoñibles na tarxeta para non ter que facer unha única compra, senon que poidan usala varias veces ata acabar o diñeiro disponible na tarxeta, que será recargada polas traballadoras sociais según as prestacións ás que teñan dereito según o novo regulamento de prestacións económicas aprobado tamén este ano 2024.