Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

APROBADA A OFERTA PÚBLICA DE EMPREGO MUNICIPAL

O concelleiro de Persoal Miguel Mahía informou da aprobación da OPE 2020 por parte da Xunta de Goberno Local que recolle 3 prazas, dúas delas de promoción interna.

Dentro das prazas de funcionarios de carreira, convócase unha praza de auxiliar administrativo do grupo C2 por promoción interna. No relativo ás prazas de persoal laboral fixo, apróbase a convocatoria doutras dúas prazas do grupo C2, a de oficial de 1ª Encargado por promoción interna e a de oficial de 2ª Servizos de acceso libre,   por declaración deserta a promoción interna.

O concelleiro quixo subliñar que este acordo foi froito da negociación do goberno municipal cos representantes dos traballadores “Desde o primeiro momento apostamos polo diálogo e o traballo conxunto para mellorar a administración local, e pensamos que estamos no camiño”.

Back to top