Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

APROBADA A LIQUIDACIÓN ORZAMENTARIA DE 2021 CUN RESULTADO POSITIVO DE 182.000 EUROS

A liquidación do exercicio pasado tramitouse en tempo e forma desde a Concellería de Facenda 

Mugardos, 15 de marzo de 2022. O concelleiro de Facenda, Miguel Mahía, informou hoxe da firma do decreto de aprobación da liquidación orzamentaria do exercicio 2021, cun superávit de 182.403,17 € cumprindo cos prazos que establece a normativa vixente por segundo ano consecutivo.

Mahía fixo un pequeno resumo das cifras recollidas na liquidación e que dan un reflexo claro do marcadas que estiveron, por segundo ano consecutivo, pola pandemia e todas as limitacións tanto administrativas como operativas que dela se derivaron. “Os gastos totais chegaron aos 6.659.200,21 €, e os ingresos ascenderon a un total de 6.841.603,38 €, do que se desprende ese resultado positivo (ingresos superiores aos gastos) de 182.403,17 €”.

“O remanente de Tesourería da liquidación do exercicio 2021 arroxado é de 1.291.701,60 €. Esto implica que non será necesario que o Pleno adopte ningunha das medidas na Lei de Facendas Locales, polo que estamos nunha situación de total liberdade financieira, logo de cumprir con todas as esixencias da lexislación vixente, e podemos comenzar coa licitación de obras que estaban pendentes desta liquidación” confirmou Mahía.

Así mesmo, o concelleiro de Facenda remarcou que “costou moito traballo durante estos dous anos poner en orde as contas do Concello, pero a liquidación de 2021 arroxa datos moi positivos que nos permitirán reanudar e licitar as obras pendentes.”

Desde o departamento de Facenda municipal quíxose destacar que “grazas ao traballo desenvolto e aos esforzos financieiros realizados, este é o primeiro ano desde fai 3 lexislaturas que non terá que adicarse nin un só euro da subvención da Deputación para pagar aos proveedores, e poderase utilizar o 100% dos cartos concedidos no POS (Plan Provincial de Obras e Servizos) para a realización de obras no municipio”.

Para rematar, o concelleiro de Facenda lembrou que, no relativo ao periodo medio de pago aos proveedores, o Concello de Mugardos atópase nunha situación óptima, logo de ter pasado meses moi difíciles nos que resultou realmente complexo poñerse ao día cos acreedores. “Ao rematar 2021, o periodo medio de pago aos proveedores situouse nos 23,74 días, por debaixo do máximo que marca a lei como ven ocurrindo desde o cuarto trimestre de 2020. Para nós este é un marcador relevante, posto que desde a administración debemos apoiar á reactivación da actividade económica, e pagar o máis axiña posible aos proveedores é unha forma de axudarlles a manter as súas contas cuadradas”.

Back to top