Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

APROBADA A CONCESIÓN DE MÁIS DE 195.000 EUROS PARA A RENOVACIÓN DO ALUMEADO PÚBLICO NO SEIXO

A Concellería de Obras, Servizos e Medio Ambiente informa da concesión definitiva de máis de 195.000 euros de fondos FEDER, que complementados cos 40.000 euros que aportará o Concello de Mugardos, permitirá a acometida da segunda fase de renovación do alumeado público, neste caso no Seixo.

Nas próximas semanas sacarase a concurso a licitación, e o concelleiro Jorge Kuntz informa da intención de acometer esta actuación no que queda de 2020.

Esta segunda fase consistirá na substitución das luminarias por novos sistemas de alumeado LED, máis eficientes e con mellores prestacións lumínicas en todo o núcleo do Seixo, a excepción da Avenida do Seixo xa incluida na primeira fase.

Esta primeira fase estase a desenvolver na actualidade no núcleo urbán de Mugardos, traballos que avanzan a bo ritmo tras a chegada do material que superou a corentena á que estaba sometido.

Nestes días, localizáronse algúns puntos de luz que non foran incluidos na redacción do proxecto, pero desde a Concellería de Obras e Servizos iniciáronse conversas coa empresa e o enxeñeiro para darlle unha solución, e finalmente eses puntos tamén serán substituidos.

Back to top