Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

APERTURA DO PRAZO PARA CONTINUAR A FORMACIÓN OU FACER CAMBIOS DE ENSINANZAS NA ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA AS LAGOAS

Para facilitar os trámites do periodo de matriculación nos termos do Regulamento e Normas de Organización e Funcionamento da Escola Municipal de Música As Lagoas (Capítulo 3, Título V, BOP n.º 94 de 20 de maio de 2013), solicítase a colaboración das persoas alumnas da Escola no curso escolar 2024/2025 para que proporcionen ao concello do 1 ao 15 de xuño de 2025,  a seguinte información:

– Indicación das ensinanzas musicais nas que desexa continuar a súa formación ou as novas para as que solicitará o cambio parcial ou total. (Recoller modelo no rexistro, ou ben, no depatarmento de Cultura 1º andar)

Pode remitir a información a través do Rexistro Xeral (oficina de asistencia sita en Avenida de Galicia, 45) ou a través da sede electrónica (https://mugardos.sedelectronica.gal/?x=ShvMO0TViAHKScyniOKwZczVmkaKHiO3e9sUersDe8JDxrJkQW7c22S-bxUbpZiKR328bzI7oVVggvczw3nSZlyZxJcyScCP73bFyaSNS1UwXaH0y0lSt74L4JYfC5CUZtVbJKmNLI8KLZavxtaqnOOPv-pedWVcZQA3CGYutmTRk0cHLhJ0n7FcULtwSMeEANTm2YFVpPPy26S7dqGz6g ).

De igual xeito poderá solicitar a asistencia na realización do trámite do Departamento de Cultura en horario de 09.00 a 14.00 horas na Casa do Concello.

Back to top