Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Apertura do prazo de inscrición no PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO DE GALICIA 2021/2022

Organizado pola Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol e financiado pola Xunta de Galicia e o Servizo Público de Emprego Estatal.

O Programa Integrado de Emprego de Galicia está dirixido a mulleres desempregadas dos Concellos de Cedeira, Valdoviño, Narón, Fene, Neda, Cabanas, Mugardos e Ares que cumpran polo menos algún destes requisitos: certificado de discapacidade, risco de exclusión social e beneficiarias do tramo de inserción da renda de inclusión social de Galicia, vítimas de violencia de xénero, menores de 30 anos con baixa cualificación, estar desempregadas (e inscritas como demandantes de emprego).

O seu obxectivo principal é o de mellorar a empregabilidade e facilitar a inserción laboral das participantes a través de accións formativas e de sesión individuais de orientación e asesoramento a través de un itinerario persoal de inserción. O persoal técnico tamén abordará a prospección laboral de xeito que en todo momento manterá contactos coas empresas da contorna de cara a coñecer as necesidades do mercado, as posibles ofertas de emprego e poñelas en contacto coas usuarias do programa.

Todas estas accións se apoiarán con medidas que permitan a participación das usuarias, de xeito que aquelas que teñan menores ou persoas con discapacidade ao seu cargo (e non dispoñan de recursos de apoio) poderán beneficiarse dun servizo de conciliación. Así mesmo, terán dereito a percibir unha bolsa de 7€ por día de asistencia ás accións do programa.

Para máis información www.comarcaferrolterra.es, nos departamentos de emprego e formación ou servizos sociais dos concellos indicados, por correo a piemancomunidade@ferrol.es ou nos teléfonos 697 87 41 55, 670 30 42 24, 981 94 40 00 (extensión 378)

Prazo de inscripcións: Do 26 de novembro ao 03 de decembro. *Prazo ampliado ata o 17 de decembro.

Back to top