ACTIVIDADES ESPECIAIS DO MES DE FEBREIRO NO MUSEO DO CALDOVAL
O Centro de Interpretación de Caldoval da a benvida ao mes de febreiro presentando as actividades especiais que ten preparadas para estas datas:
O sábado 14 se celebrará San Valentín cun obradoiro de mensaxes secretas dentro dun corazón, que combina o deseño dun corazón en papel coa escritura en latín dunha frase de amor agochada no seu interior. Está dirixido a público adulto ou familias con menores dende 8 anos, e será en dúas quendas: 11:30 h. e 17:30 h., de duración aproximada dunha hora.
O domingo 15 chega o momento de coñecer ás Lupercalia, festividade da Antiga que se celebraba do 13 ao 15 de febreiro e que presenta elementos relacionados co Entroido, polo que o plan será facer unha máscara de Luperca, a loba do mito que da orixe a Roma. Esta actividade será en horario de mañá ás 11:30 h e está enfocada a familias con nenos/as dende 8 anos.
Para conseguir praza nestas actividades gratuitas é necesario inscribirse previamente a través do correo do centro info@museocaldoval.gal , no teléfono 687 07 21 16 (en horario de apertura: venres, sábado e domingo de 10:30 a 14:00 e de 16:30 a 20:00 h.) así como nas redes sociais: @centrodeinterpretacióndecaldoval en Facebook e @museocaldoval en Instagram.
A maiores, pódese reservar dentro dos horarios correspondentes, unha visita guiada ou un obradoiro permanente, que se manteñen todo o ano.