Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

ACTIVIDADE ESPECIAL DE VERÁN: GIMNASIUM

Co comezo do mes de xullo, o Centro de Interpretación de Caldoval presenta a primeira das actividades da súa programación de verán. 

Gimnasium é unha xornada que combina un percorrido teórico sobre o deporte na vida cotiá da Antiga Roma cunha sesión de exercicios deportivos ao aire libre pensada para un público adulto. Recoméndase asistir con roupa de deporte e traer unha esteira ou toalla como material complementario. 

A sesión levarase a cabo no centro o domingo día 7 de xullo en horario de mañá ás 11.30h. Todas as persoas interesadas en participar deberán escribir un correo electrónico (info@museocaldoval.gal) ou chamar ao 687 072 116 (en horario de apertura) facilitando os seguintes datos: número de participantes, nome e teléfono da persoa de contacto.

Back to top