Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR A EXENCIÓN DE TAXAS DE AUGA, LIXO E SANEAMENTO PARA O ANO 2026

A Concellería de Benestar do Concello de Mugardos informa da apertura do prazo para presentar solicitudes de exención nas taxas de auga, lixo, sumidoiros e da prestación do servizo de colectores e estacións de bombeo de augas residuais vertidas á rede de saneamento municipal, correspondentes ao exercicio 2026.

As bases reguladoras e os requisitos desta convocatoria poden consultarse no Boletín Oficial da Provincia (BOP) número 245, de data 28/12/2016, así como na páxina web municipal www.mugardos.gal e no Departamento de Benestar Social do Concello de Mugardos, situado na segunda planta do edificio consistorial. Para máis información, as persoas interesadas poden contactar tamén a través do teléfono 981 47 03 38 (extensión 2).

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde o 15 de xaneiro de 2026 ata o 13 de febreiro de 2026, ambos inclusive.

A concelleira de Benestar, Patricia Ruiz de Azcárate, subliña que “esta convocatoria ten como obxectivo apoiar ás persoas e familias que atravesan situacións de maior vulnerabilidade económica, facilitando o acceso a servizos básicos e contribuíndo a aliviar a carga que supoñen estes recibos no día a día”. Desde a Concellería de Benestar anímase ás persoas que cumpran os requisitos para informarse e presentar a súa solicitude dentro do prazo establecido.

Back to top